Saturday 27 de April de 2024

O contacontos para público adulto “Murmuraban as miñas veciñas” terá lugar este venres na Biblioteca


A Biblioteca municipal acollerá este venres, día 21, unha sesión de contacontos dirixida a público adulto. “Murmuraban as miñas veciñas” é o título desta proposta, pensada para maiores de 14 anos, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo. As persoas interesadas en asistir poderán facelo sen inscribirse previamente, estando limitada a participación á capacidade da sala. O contacontos, a cargo de Dani Blanco, da compañía AsSircópatas, dará comezo ás 19.30 horas.

Esta actividade, tal e como indicou Taibo, enmárcase na programación deseñada este mes con motivo de “O mes do libro”. “Un conto nunca se conta igual dúas veces, o contexto e a memoria vaino alimentando. Esta escolma de contos funciona coma un álbum de fotografías que serve para lembrar como foi a vida de catro mulleres bravas de Cangas do Morrazo”. Así describen dende a compañía esta actividade.